Conversa:Orella (doce)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Relación coa Elephant Ear norteamericana?[editar a fonte]

Existe un postre norteamericano chamado Elephant Ear (literalmente, orella de elefante) que tamén se prepara en carnavais e que ten unha pinta moi similar á da orella galega. Alguén coñece a relación entre os dous? Imaxino que existe unha orixe común. --SugarKane 11:15, 8 febreiro 2010 (UTC)

A verdade é que ten unha pinta moi moi semellante. Mais lendo no artigo inglés parece que a receita surxiu alí espontaneamente, e en principio non din nada sobre se hai relación entre a galega e a norteamericana. Quizabes é coincidencia. Habería que investigar un puco máis en profundidade o tema. --Alberte Si, dígame? 15:45, 8 febreiro 2010 (UTC)