Conversa:Nervio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neste texto modifiquei en parte a concordancia en chamados e en coñecidos:

Estes sinais, a miúdo chamados impulsos nerviosos, son tamén coñecidos como potenciais de acción: ondas eléctricas que viaxan a grandes velocidades, as cales nacen comunmente no corpo celular dunha neurona e propáganse rapidamente polo axón cara ao seu extremo, onde por medio da sinapse, transmítese a outra neurona.

Mais quedoume a dúbida de con quen debe concordar en xénero as cales, se con ondas eléctricas ou se con sinais. De ser con sinais debería cambiarse a os cales. Quedoume tamén dúbida de con quen concorda en número transmítese. Lles (conversa) 26 de abril de 2018 ás 10:31 (UTC)[responder]

Por outra banda, este texto semella non dicir todo o que ía dicir:

o que posto a considerar aos autores como cilindros-eixos. Lles (conversa) 26 de abril de 2018 ás 10:41 (UTC)[responder]

Dubido tamén do uso de febra https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/febra. Penso se o axeitado sería fibra https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/fibra . Lles (conversa) 26 de abril de 2018 ás 12:36 (UTC)[responder]