Conversa:Mestre Mateu

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Mestre Mateu. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 23:06 (UTC)[responder]

Datas biográficas[editar a fonte]

Afirma o artigo que Mateo nace c. 1150 e morre c. 1200/c. 1217, e que estivo activo entre o 1161 e o 1217 (segundo un Diccionario de Arte, RBA 2003). Estas dúas últimas datas (1161 e 1217) son, segundo Wikidata, as datas de nacemento e morte.

Non sei a fiabilidade das referencias pero resulta evidente que non puido nacer en 1161: en 1168 foi cando o rei Fernando II o "contrata" con soldo pra toda a súa vida para que remate a Catedral (primeira referencia segura). Pola mesma razón, tampouco pode ser certa a data de c. 1150 que damos no artigo. Hai que asumir que non sabemos cando naceu e non achegar información falsa. Escribiuse que un tal Mateo estaba construíndo a Ponte de Cesures en 1161, pero é unha suposición que sexa o noso Mateo.

Tampouco sei de onde pode saír a data da morte ou de cese de actividade en 1200-1217. A Catedral foi consagrada en 1211, vintetrés anos despois de colocar o Pórtico da Gloria (en 1188 segundo consta no lintel) e esta última data (1188) é a última referencia segura respecto a Mateo: Ramón Yzquierdo cre probable que morrese "antes de culminarse o proxecto, que completarían los artistas de su taller". Non entendo de onde sae ese c. 1200 nin por qué se lle supón activo ata c. 1217 porque, por agora, descoñecemos a data da morte (ou da "xubilación"). Lameiro (conversa) 5 de xullo de 2022 ás 22:14 (UTC)[responder]