Conversa:Mega Drive

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Como podedes ver, rematei a tradución do texto inglés (ao menos do texto inglés no momento en que se comezou a tradución), e corrixín a parte traducida con anterioridade.

A este respecto, querería engadir que cando se trata de traducir do inglés, débese pór moita atención para evitar escribir barbaridades que logo levan moito tempo en termos de corrección (resulta moi incómodo ter que consultar o orixinal inglés nunha pestana aparte). Se non se ten un coñecemento profundo da lingua inglesa, ante a mínima dúbida se debe consultar un dicionario, e no caso de termos técnicos, acudir a glosarios e comprobar o nivel de uso das palabras. Está claro que non é necesario ser un tradutor profesional nin un experto en informática e mecánica, pero si extremar as precaucións.

Asemade, e polas razóns acabadas de expor, no tocante á terminoloxía mecánico-informática, invito a persoas expertas na materia a revisar o meu traballo.

Espero que ninguén se ofenda por esta observación: paréceme xusto facer a anotación para evitar que se repitan cousas como esta no futuro, sempre pensando na calidade dos artigos da Galipedia.

Máis nada, un saúdo.

--Manudosde 15:43, 1 xullo 2007 (UTC)


Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Mega Drive. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 22:19 (UTC)[responder]