Conversa:Lleida

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dise Lleida en galego?[editar a fonte]

Estades seguros de que o nome desta localidade é correcto en galego? Non sei se hai na Galipedia algunha norma xa con respecto a isto, pero considero lóxico que utilicemos en galego o noso propio léxico, independentemente de cal sexa alí o seu topónimo oficial. Os topónimos adaptados pertencen ao léxico do noso idioma. É bastante rechamante ver unha palabra que comece por elle no noso galego. Ata onde eu sei o galego non palataliza o ele latino en posición inicial. Como podemos, entón, ter unha palabra coma Lleida? Por poñer un paralelismo, o nome que recibe esta cidade na pt.wiki é Lérida. Non sería esta a versión máis correcta? Os cataláns non teñen ningún tipo de pudor en utilizaren La Corunya na súa Wikipedia. Rechamante tamén é o xentilicio: lleidatà? Iso non é unha palabra galega. Non sei que opinaredes, pero eu propoño cambialo por Lérida. É só unha suxestión :) --Cabaleiro de Espadas (conversa) 15:17, 7 de marzo de 2012 (UTC)

En Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Toponimia da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo na páxina 103 recolle Lleida. No Dicionario de Usos e Dificultades da Lingua Galega de Begnino Fernández Salgado na páxina 1.294 recolle Lleida e como xentilicio ilerdense. No VOLGA na procura de ilerdense sae como nota Lleida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:32, 7 de marzo de 2012 (UTC)
De acordo. Mireino agora mesmo no Volga. Non coñecía tampouco a ligazón que me deches. Está moi ben. Xa vin que tamén corrixiches o xentilicio. Grazas pola resposta.--Cabaleiro de Espadas (conversa) 18:03, 7 de marzo de 2012 (UTC)
Grazas a ti por revisar o artigo e avisar do erro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:26, 7 de marzo de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lleida. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 04:31 (UTC)[responder]