Conversa:Illa de Io To

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Normalmente, aínda que non en todos os casos, as illas éntranse polo nome da illa, sen o illa de. Podiamos regularizar un pouco iso... Como o ves?--Xabier Cid 09:25, 26 marzo 2007 (UTC)

Precisamente o criterio que vimos seguindo, por regra xeral ata agora, é comezar o título dos artigos referidos a illas por Illa ou Illas. Hai algunhas excepcións, pero tanto a regra como as excepcións pertencen a ese tipo de convencións que se foron establecendo na práctica (o mesmo que cos ríos, os montes, etc). Coas redireccións fixemos o enlace entre o nome sen illa e o destino final. Evidentemente podemos reconsiderar esa convención e ver se convén facelo dun xeito distinto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:59, 26 marzo 2007 (UTC)

Ooooops, vaia, síntoo moito... Eu vexo unha diferencia entre Madagascar, Australia, Sicilia, Sardeña ou Irlanda, onde o illa nunca se usa e incluso resultaría estraño, e un cabo ou un río ou un monte, onde sempre ou case sempre se usa acompañado de accidente xeográfico. Eu fun á categoría Illas e arquipélagos e a maioría están listadas sen o illa, e por iso dixen o que dixen. Quizais o mellor sexa actuar sen un criterio uniforme, pero agás a Illa Negra de Tintín non se me ocorre ningunha que sempre se cite, en todas as ocasións, co nome do accidente. Que pensades? Debería levarse esta discusión á taberna?--Xabier Cid 10:49, 26 marzo 2007 (UTC)

Certo, quizais teña que ver con feito de que nas illas "pequenas" estivemos usando illa e nas outras non. Penso que neste momento é interesante considerar algún tipo de criterio e avaliar as vantaxes e incovenientes das dúas solucións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:02, 26 marzo 2007 (UTC)