Conversa:Galicia (A Habana)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O título así posto parece un topónimo, un título máis claro non podería ser Galicia, xornal da Habana ou de Cuba ou semellante, ou sería moi longo?--No desterro 18:48, 21 novembro 2006 (UTC)

outra proposta[editar a fonte]

que tal deixar as comas só para os topónimos (galegos)? A primeira opción é "Galicia (revista)", pero como vai haber ducias de revistas así, podemos poñerlle "Galicia (revista da Habana)" ou mellor "Galicia (revista do + órgano ou institución á que pertencía)". Espero que a idea sirva. --Sobreira (parlez) 02:54, 6 decembro 2006 (UTC)

  • Resucito a discusión sobre o título. Creo que, como din os anteriores usuarios, o recurso ás comas debe quedar para os topónimos. Neste caso, o título da revista pode ser "Galicia. Revista semanal ilustrada" (que é como figura na cabeceira e a forma utilizada polo Centro Ramón Piñeiro) ou, por se houbese lugar á confusión "Galicia (A Habana 1902-1930)". Eu voto pola primeira opción. E pregunto: a cabeceira -o debuxo da cabeceira- dunha revista desaparecida hai 80 anos ¿conserva os dereitos de autor? ¿Non se pode utilizar para ilustra-lo artigo? Pedro --Lameiro (conversa) 12:10, 24 outubro 2009 (UTC)
  • Apoio tamén a primeira opción. Sobre o segundo xa non che sei, habería que mira-lo caso detidamente. --Alberte Si, dígame? 12:32, 24 outubro 2009 (UTC)