Conversa:Gaivota do Caspio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As referencias en galego que atopei para esta especie son co nome de gaivota patiamarela, no que coinciden as listas de Penas Patiño, Conde Teira e o Digalego. A referencia proporcionada no artigo debería borrarse, xa que se refiren ao nome español (gaviota del Caspio) e portugués (gaivota-do-Caspio). Suxiro cambiar o nome á páxina.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2018 ás 21:25 (UTC)[responder]

Gaivota patiamarela xa existe asignado a outra especie. Se non son a mesma especie, e as referencias indicadas nesa outra páxina son fiables, habería que tratar as dúas páxinas como títulos homónimos Banjo tell me 15 de novembro de 2018 ás 21:33 (UTC)[responder]
Parece que se trata da subdivisión da antiga especie en dúas, pero agora non sabemos a cal aplicar o nome de patiamarela, que se lle daba á especie conxunta, e segue sen haber referencia do nome de gaivota do Caspio.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2018 ás 22:40 (UTC)[responder]