Conversa:Furano, Xapón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Na miña opinión o composto químico furano é máis importante que este concello e debería de ter o nome preferente (furano, sen parénteses) e en cambio este concello debería chamarse "Furano, Xapón" ou algo similar, como se fixo noutras wikipedias onde había homonimia (noutras non había homonimia). Quero dicir que dentro da química furano é un composto coñecido e importante (aínda que non sexa moi coñecido popularmente), mentres que en xeografía Furano non é un concello importante ou coñecido no conxunto do mundo, nin sequera é dos máis coñecidos de Xapón (nin popularmente, nin creo que entre os xeógrafos). Ten 24.000 habitantes e non ten nada especial que o faga coñecido. É como se houbera un pequeno concello en Australia que se chamase Amoníaco e se lle dese preferencia sobre o composto químico. Non haberá en Xapón outro concelliño que se chame Butano? Pois ao mellor si.--Miguelferig (conversa) 6 de maio de 2016 ás 21:47 (UTC)[responder]

Observo que existen as páxinas Arao, Xapón, Chita, Xapón e Chino, Xapón, que engaden Xapón despois dunha coma para non confundilas coas páxinas arao, chita e chino. Creo que neste caso debería chamarse tamén Furano, Xapón. Se ninguén se opón teño intención de cambiarlle o nome a Furano, Xapón.--Miguelferig (conversa) 12 de maio de 2016 ás 20:52 (UTC)[responder]
Concordo --Chairego apc (conversa) 12 de maio de 2016 ás 20:56 (UTC)[responder]