Conversa:Creacionismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Tras as últimas edicións creo que Creacionismo debería redirixir a Creacionismo (homónimos), e dende aí a Creacionismo (pseudociencia), a Creacionismo (literatura) e a Creacionismo (teoloxía). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:25, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Para min, creacionismo foi sempre a teoría biolóxica, pero é que son de ciencias. No Gran Xerais esta é a segunda acepción, sendo a que Xoacas chama teolóxica a primeira, e a literaria a terceira. O DRAG non o define. Quizais evite complicacións que creacionismo, sen apelidos, sexa a dos homónimos e remita ás outras tres, con apelidos. Non me gusta a forma "fundamentalista", prefiro "pseudociencia", a risco de que os americanos nos queimen na fogueira por herexes. Pedro --Lameiro (conversa) 13:43, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)