Conversa:Cor do pelo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O pelo roxo é aquel da cor do ouro ou tirando a vermello. Pelo vermello non é unpelo natural é aquel que se obtén por medio de tintes para dar un pelo de cor vermella (a do sangue). Igual que dicimos que ten o pelo louro, non amarelo a non ser que se aplique un tinte.--HacheDous=0 (conversa) 6 de setembro de 2015 ás 10:19 (UTC)[responder]

De acordo, pero puxen finalmente roibo (=avermellado), que creo que queda mellor, xa que pretendía traducir o inglés reddish. De todos modos non é unha cor do pelo natural, senón o resultado dunha degradación química natural co paso dos séculos nas momias exipcias. As definicións de todas as cores de pelo no DRAG son bastante confusas e ambiguas, con acepcións diversas e algo contraditorias, por non dicir moi contraditorias se se quere ser preciso. Por exemplo, roxo ten tamén o significado de "[Pelo, cabelo etc.] da cor do ouro ou algo máis escura."ver DRAG. Con este significado sería un roxo sería tamén un louro ou "trigueño". Pasa igual con outros nomes de cores de pelo, nos que a definición carece de precisión. Estas son dúas acepcóns de louro: 1. De cor castaña ESCURA tirando a VERMELLA, coma a da castaña madura., 2. De cor castaña moi CLARA ou tirando á do OURO . Eu non teño claro xa nin que é un pelo roxo, porque como moi ben dis ti (e o DRAG) pode ser de cor do OURO (dourado) ou tirando a VERMELLO (louro?, "trigueño"?, "pelizrojo"?).--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2015 ás 12:37 (UTC)[responder]

O "caos" xa procede do latín, onde existían 70 formas para denominar a cor vermella. En castelán resolveuse a partir dos séculos XVI-XVII El nombre de los colores en el español de los siglos XVI e XVII, antes rubio p.ex. en español tamén podía referirse ao vermello ou ao amarelo, foron os dicionarios e a tradición literaria os que acabaron definindo as formas que hoxe se consideran estándar.--HacheDous=0 (conversa) 6 de setembro de 2015 ás 13:51 (UTC)[responder]

Para o exemplo de rubio en galego [1] ou [2], onde os falantes de máis idade ante un cartón vermello afirman que é de cor "roja" (marco teórico, inducido polo castelán) pero cando se lle pregunta nun obxecto concreto afirman que a cor é rubia (marco real, onde non entrou o castelanismo).--HacheDous=0 (conversa) 6 de setembro de 2015 ás 14:08 (UTC)[responder]

Lin os textos dos exemplos, e parecéronme moi interesantes, grazas.--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2015 ás 16:40 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Cor do pelo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 02:36 (UTC)[responder]