Conversa:Club Xuventude Sanxenxo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome do club[editar a fonte]

Aínda que o club adoita emprega-lo nome Club Xuventude Sanxenxo (por exemplo, no twitter), parece que oficialmente é Club Xuventú Sanxenxo. Nos anuarios dos anos 80 da RFEF (por exemplo: anuario 1986 páxina 399, anuario 1987 páxina 325) este club aparece co nome "Xuventu Sanxenxo" ou "Club Xuventu Sanxenxo". Na época actual segue a figurar con ese nome nas federacións, por exemplo, hai este documento de 2014 da RFEF onde se emprega o nome "Club Xuventú Sanxenxo" e na web da Federación Galega actualmente tamén segue aparecendo co nome "Xuventu Sanxenxo" (ficha na web da FGF).

A denominación "Xuventú de Sanxenxo" non aparece en ningún organismo federativo, só aparece na prensa. —Jorges65 (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 17:45 (UTC)[responder]