Conversa:Clasificación das linguas romances

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Eu seguiría a clasificación de X.H.Costas no seu libro das linguas de Europa. Segundo lembro hai tres (4 ou 5) pólas principais:

  • Iberorrománicas
  • Galorrománicas
  • Italorrománicas
  • creo lembrar que Dacorrománicas ou Balcanorrománicas (a miña memoria...), que son unhas poucas: romanés, meglenorr., arr., etc. (o istriota era italorrománica?)
  • e o sardu, que foi sempre por libre, pero podería ser italorromance

NON van por países, aínda que as excepcións son poucas (é evidente no ladino ou xudeoespañol): Aranés (occitano) en Esp., Retorromanche e tódalas italianas ó norte da liña Rimini-La Spezia son galorrománicas, etc.

Propoño enviar as ligazóns cara a Lingua xxx, tal como están normalizados os títulos dos artigos. Habería que ver se mesturar esta páxina con Linguas romances. Podo ver de conseguir o libro, ou mellor, buscalo na en.wiki. --Sobreira (parlez) 20:45, 12 xaneiro 2007 (UTC)