Conversa:Arco da vella

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No artigo aparece a denominación "arco de lúas", el non será unha denominación para o arco da vella lunar (o nocturno)?, se hai algunha referencia viría ben poñelo no artigo--Sernostri (conversa) 9 de abril de 2014 ás 21:09 (UTC)[responder]
Arco da lúa, é un título dun libro infantil e que por certas referencias en internet podería ser unha forma para este arco da vella nocturno desafortunadamente ningunha é dunha obra acreditada. Para o que si hai referencia é para arco da vella branco no Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez, recollida dun antigo dicionario da RAG, e que non parece que sexa unha forma popular .--Sernostri (conversa) 9 de abril de 2014 ás 21:47 (UTC)[responder]
Lin máis atentamente a definición dese dicionario é parece que se refire á arco da vella cando hai brétema, que pode aparecer de noite ou de día, entón a denominación non sería correcto para o nocturno que non está asociado á bretema, vou desfacer a edición logo.--Sernostri (conversa) 9 de abril de 2014 ás 22:02 (UTC)[responder]