Conversa:30 de xaneiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No seu momento escribín aquí que tal día como hoxe se celebraba o Día Internacional da Paz e da Non Violencia, información confirmada en varias fontes. Tal día como hoxe, Gandhi foi asasinado. Agora vexo que parece ser que o ano pasado, a ONU decidíu que o Día Internacional da Non Violencia se celebrase o 2 de outubro, conmemorando a data de nacemento de Gandhi (http://www.diadelanoviolencia.org/ e La Voz de Galicia, 1.10.2008). Na web da ONU non atopo nada. ¿Alguén pode confirma-lo cambio? Pedro --Lameiro (conversa) 00:04, 7 decembro 2008 (UTC)

Eu penso que hai dúas celebracións :
A ver si contestei. SaúdosElviraConversa comigo 22:26, 7 decembro 2008 (UTC)
  • A min dáme a impresión de que cambiaron o día, non que haxa dous días. O que habería que localizar é o acordo da ONU que decide a celebración o 2 de outubro, onde supoño que explicará o cambio. La Voz di que esta data se decideu o ano pasado, o que pode explicar que fontes anteriores dean o 30 de xaneiro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:39, 7 decembro 2008 (UTC)
Para a celebración da ONU do 2 de outubro é a resolución A/RES/61/271 do 27 de xunio de 2007 velaquí o documento oficial en castelán. Lembra outras resolucións de temas irmáns tal a paz Dia internacional da paz o 21 de setembro dende o ano 2002 (páxina da ONU en francés). Eu non penso que xa tiña o día internacional da non violencia anteriormente o 2007. Non atopo nada arredor da paz ou da non violencia para o 30 de xaneiro en relación co a ONU. ElviraConversa comigo 23:07, 7 decembro 2008 (UTC)
  • Queda logo:
    • 30 de xaneiro: Día Escolar da Paz e a Non Violencia
    • 2 de outubro: Día Internacional da Non Violencia
  • Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:28, 7 decembro 2008 (UTC)