Conversa:2 de xaneiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acontecementos sinalados?[editar a fonte]

Hai algún criterio para incluír os acontecementos? Sorpréndenme algúns como:

  • Algúns acontecementos relacionados con Tarifa (unha riada?) ou Paraguai ou os títulos a Mijas e Adra.
  • Estatísticas (vehículos matriculados, poboación, accidentes) que supoño que se publicaron neste día, mais non lle vexo o interese de incluílos nunha data concreta.
  • O mesmo pode dicirse de datos que non creo que se refiran concretamente a este día: "A igrexa católica amosa o seu descontento coa aconfesionalidade do anteproxecto constitucional de España", "Os españois do século XXI apoian a eutanasia, a clonación con fins médicos e os casamentos entre homosexuais".
  • Inclúense algúns que adoitan ocorrer a principios de ano como "Soben os prezos da gasolina, transporte por estrada, Correos e as primas de seguros" ou os cambios na presidencia da Unión Europea.
  • Algún dos feitos fan referencia mesmo ao ano anterior: "Michael Jordan despide o ano 2001 demostrando que é o mellor baloncestista da NBA", "Un total de 511 persoas morreron en accidentes de tráfico en Israel durante o pasado ano 2004", "A noite de aninovo deixa en Filipinas un saldo de doce mortos e 423 feridos" ou o reconto de vítimas do tsunami do océano Índico o 26 de decembro de 2004.--Jglamela (conversa) 4 de outubro de 2015 ás 15:28 (UTC)[responder]
Ata onde eu sei non hai ningunha guía de criterios a seguir establecida. Coma os artigos en xeral, WP:V e WP:PVN deben aplicar, e WP:FF e WP:NOT (sen ser aínda oficiais) poden servir de axuda e guía. Aos que comentas non lles vexo moito sentido no contexto desta páxina, creo que deberían retirarse. Banjo tell me 4 de outubro de 2015 ás 15:58 (UTC)[responder]