Condado de Guengamp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O condado de Guengamp ou Guingamp foi unha xurisdición feudal efémera da Bretaña que existiu durante o século XI e desapareceu a mediados do XII. O seu centro era Guengamp.

Na división de 1035 Guengamp foi para Eón I quen tomou o título de conde de Penthièvre; á súa morte en 1079 deixou ao seu fillo primoxénito Godofredo I o condado de Penthièvre e ao seu fillo Estevo I os señoríos de Tregor e Goelo. En 1093 morreu Godofredo I de Penthièvre e herdouno Estevo, que ademais foi por matrimonio conde de Guengamp. Casou coa condesa herdeira Havisa, de orixe descoñecida.

O sobriño de Henrique, Conan IV da Bretaña (1156-1166), arrebatoulle (1160) Tregor e Guengamp e deixouno con Goelo e Avaugour. Entón Guengamp pasou aos duques da Bretaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]