Colder (banda deseñada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Colder
Autor/aPaul Tobin
Ilustrador/aJuan Ferreyra
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Linguainglés
Tema(s)Terror
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialDark Horse Books
Data de pub.2015 - 2016
FormatoRústico
ISBN978-84-16387-22-9
978-84-16387-23-6
978-84-16387-24-3
editar datos en Wikidata ]

Colder é unha serie de banda deseñada de terror creada por Paul Tobin e ilustrada por Juan Ferreyra. É unha triloxía cuxo tema central é a tolemia.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O corpo de Declan Thomas arrefría un pouco cada día dende que o manicomio no que estaba recluído fose arrasado polo lume. Ademais, Declan posúe unha habilidade: é quen de entrar na tolemia doutras persoas e curala. A súa esperanza é chegar a curar a súa algún día, pero ten pouco tempo, porque un demo anda detrás del.

Títulos[editar | editar a fonte]

  • Colder (2015)
  • Colder: The Bad Seed (2016)
  • Colder: Toss the Bones (2016)