Chiraz Latiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChiraz Latiri

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Hammam Sousse, Tunisia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister of Culture (en) Traducir
27 de febreiro de 2020 – 2 de setembro de 2020
← Mohamed Zine El Abidine (en) TraducirWalid Zidi (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTunisia Editar o valor em Wikidata
EducaciónNational School of Computer Studies (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , investigadora , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBusiness School of Tunis (en) Traducir
Higher Institute of Multimedia Arts of Manouba (en) Traducir
Manouba University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

LinkedIn: chiraz-latiri-8a317a73 Editar o valor em Wikidata

Chiraz Latiri ou Chiraz Laâtiri (árabe: شيراز العتيري ), cuxo nome completo é Chiraz Latiri Cherif, nada en Hammam Sousse o 24 de marzo de 1972, é profesora e investigadora universitaria, directora de institucións culturais e política tunisiana.

Directora do Institut supérieur des arts multimédia de La Manouba de 2006 a 2011 e do Centre national du cinéma et de l'image de 2017 a 2019, é ministra de Cultura desde 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacida o 24 de marzo de 1972 en Hammam Sousse, doctourouse en informática na Escola Nacional de Informática de Tunes en 2004.[1]

Despois obtivo un posto de asistente en informática na Escola Superior de Comercio de Tunes, e logo como mestra asistente. De 2006 a 2011, ocupou o cargo de directora do Instituto Superior de Artes Multimedia de La Manouba.[1] No marco das súas funcións, dedicouse especialmente á mellora da formación académica en materia de cine e audiovisual en Tunes mediante a cooperación entre institucións de ambas as beiras do Mediterráneo.

En 2013, obtivo a habilitación para dirixir a investigación na Universidade de La Manouba, por unha banda, e na Universidade de Lorraine, por outra. Tamén se converteu en profesora de informática na Universidade de La Manouba.[1]

De xullo de 2017 a novembro de 2019, ocupou o cargo de directora xeral do Centre national du cinéma et de l'image (CNCI). Neste posto, fundou varios programas internacionais para o desenvolvemento de proxectos cinematográficos e lanzou fondos de codesenvolvemento e coprodución cinematográficos. Tamén creou un departamento de industrias dixitais e creativas dentro do CNCI e estableceu unha incubadora cultural, o Creative Digital Lab e un Gaming Lab.[2]

O ministro Mohamed Zine El Abidine destituíuna do cargo de directora do CNCI en novembro de 2019. Este despedimento tamén é citado en Le Monde polo director de cine tunisiano Ala Eddine Slim: «Un exemplo recente é o despedimento polo ministro de Cultura da directora do Centro Nacional de Cine, Chiraz Latiri, que fixera un excelente traballo á fronte da institución. Non podemos ver que haxa outra cousa que unha motivación puramente arbitraria e persoal nesta decisión».[3]

En febreiro de 2020, foi convocada ao goberno de Elyes Fakhfakh  e converteuse en ministra de Cultura cando este goberno foi aprobado pola Asemblea de Representantes do Pobo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biographie de Chiraz Latiri, candidate au poste de ministre des Affaires culturelles" (en francés). 20 de febreiro de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  2. "Le CNCI ouvre un Creative Digital Lab et un Gaming Lab" (en francés). 3 de xullo de 2018. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  3. Ala Eddine Slim]; Jacques Mandelbaum (19 de febreiro de 2020). "On parle trop dans la vie, et dans le cinéma aussi" (en francés). ISSN 0395-2037. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  4. "Offiel: La composition du gouvernement Fakhfakh (Vídeo)". Kapitalis (en francés). 19 de febreiro de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020.