Certame de pintura Otero Baena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Certame de pintura Otero Baena é un premio convocado polo Concello de Bueu para artistas noveis. Creárono en 2022 a familia do exalcalde e pintor José Benito Otero Baena e o Concello de Bueu co obxectivo de homenaxear a súa memoria. O certame, dotado con 1500 euros de premio, ten carácter bianual.[1] Na súa primeira edición recibiu un total de 52 obras pictóricas, das que 13 foron finalistas.

Gañadores[editar | editar a fonte]

2023: António Bahia.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García, David (2022-11-19). "Bueu salda la deuda con su “alcalde artista”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-10. 
  2. García, David (2023-06-09). "El artista portugués António Bahia gana el I Certame de Pintura Otero Baena de Bueu". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-10.