Categoría:Estrelas na secuencia principal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O artigo principal desta categoría é: Estrela na secuencia principal.

As Estrelas na secuencia principal, tamén chamadas estrelas ananas, son estrelas que fusionan hidróxeno nos seus núcleos. Estas ananas son moito máis pequenas cás estrelas xigantes, pero non necesaria menos luminosas. Por exemplo, unha anana azul tipo O é unha estrela moito máis brillantes cunha xigante vermella. As estrelas na secuencia principal pertencen a clase luminosa V.

Tamén existen os obxectos chamados "ananas", máis coñecidas coma ananas brancas. Non son estrelas na secuencia senón que son "reliquias" estelares. As ananas marróns que non son realmente estrelas, xa que non poden manter unha fusión de hidróxeno nos seus núcleos debido a súa pequena masa, tampouco entran nesta categoría. O límite entre as estrelas de pequena masa na secuencia principal e as ananas marróns é bastante ambiguo.