Café del Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira Café del Mar

Café del Mar é un establecemento hostaleiro de Eivisa, situado a carón da praia de San Antonio, coñecido pola selección de música chill out que reproduce ó solpor.

Historia[editar | editar a fonte]

Construído a partir dunha idea de Ramón G. Broto, Carlos Andrea e José Les e deseñado polo arquitecto catalán Lluis Güell, inaugurouse o 20 de xuño de 1980. O local explota comercialmente unha idea sinxela: desfrutar en silencio do serán da baía de Caló des Moro mentres se escoita boa música e se toma unha copa.

Dende 1994, Café del Mar edita cada ano álbums chill out, lounge, ambient, chill house e balearic beats coa súa selección musical que reflicte o ambiente de Eivissa. Tras producilos baixo distintos selos discográficos no 1999 rexistraron Café del Mar Music a partir do cal sacaron as novas compilacións de Chill house.

Café del Mar ten un programa de radio na emisora Europa FM de contido Chill Out que se emite venres e sábados, entre as 3 e as 6 da madrugada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]