CORBA
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Siglas de Common Object Request Broker Architecture (Arquitectura Común de Axente de petición de Obxectos). É un estándar de interoperación cliente-servidor para sistemas distribuídos que foi desenvolto polo Object Management Group (OMG)).
Características [editar]
O estándar CORBA define, basicamente:
- un protocolo de comunicación (IIOP, etc) permitindo que poidan inter-operar aplicacións totalmente heteroxéneas en canto a lugar (máquina onde está a correr), Sistema Operativo, Linguaxe de programación, etc.
- unha linguaxe de interfaz (IDL), permitindo a descrición das APIs ou interfaces, describindo os servizos que un compoñente provee.
- certos servizos verticais (definidos en IDL) que, por seren servizos verticais, convén ter estandarizado.
Polo tanto, CORBA provee para obxectos a transparencia en canto a plataforma e lugar (máquina), o cal é unha característica fundamental en termos de arquitecturas distribuídas.
CORBA usa un IDL para especificar os interfaces (APIs) que os obxectos presentan ao mundo.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Welcome To The OMG's CORBA Website - Páxina oficial de CORBA (en inglés).
- Introduction to CORBA - Páxina de Sun Microsystems sobre Corba (en inglés).