Células Caco-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Células CaCo-2 vistas con microscopio de contraste de fase cun aumento de 100X. As células Caco-2 desta imaxe estiveron en cultivo durante 21 días, durante os cales creceron, confluíron e epitelizáronse.

As células Caco-2 son unha liña celular inmortalizada de células de adenocarcinoma colorrectal epitelial humanas heteroxéneas, desenvolvidas no Sloan-Kettering Institute for Cancer Research en investigacións dirixidas por Jorgen Fogh.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A aplicación das células Caco-2 en investigación empezounas a finais da década de 1980 Ismael Hidalgo, que traballaba no laboratorio de Ron Borchardt na Universidade de Kansas, e por Tom Raub, que traballaba na Upjohn Company. Hidalgo seguiu os seus labores nas compañías SmithKline Beecham e Rhone-Poulenc Rorer, e despois continuou cofundando unha compañía, Absorption Systems, en 1996, onde permanece como xefe científico.

Características[editar | editar a fonte]

Aínda que estas células derivan dun carcinoma de colon (intestino groso), cando se cultivan en condicións específicas as células diferéncianse e polarízanse de modo que os seus fenotipos, morfolóxica e funcionalmente, lembran os enterocitos que tapizan o intestino delgado.[2][3] As células Caco-2 expresan unións herméticas, microvilosidades e varios enzimas e transportadores que son característicos de tales enterocitos: peptidases, esterases, P-glicoproteína, transportadores de captación de aminoácidos, ácidos biliares, ácidos carboxílicos etc.

Aplicacións en investigación[editar | editar a fonte]

Cando se ollan microscopicamente os cultivos de células Caco-2, é evidente incluso mediante a simple inspección visual que as células son heteroxéneas. Co paso dos anos as características das células usadas en diferentes laboratorios do mundo foron diverxendo substancialmente, o que fai difícil comparar resultados entre laboratorios.[4] Malia esa heteroxeneidade, as células Caco-2 teñen aplicacións en estudos de invasión celular, investigación de transfección viral, e transporte de lípidos.[5]

As células Caco-2 non son normalmente utilizadas como células individuais, senón como unha monocapa confluente nun filtro inserido nun cultivo celular (por exemplo, Transwell). Cando se cultivan neste formato, as células diferéncianse para formar un epitelio polarizado monocapa que proporciona unha barreira física e bioquímica ao paso de ións e pequenas moléculas.[3][6] A monocapa de Caco-2 utilízase amplamente na industria farmacéutica como un modelo in vitro da mucosa do intestino delgado humano para predicir a absorción de fármacos administrados oralmente con diferents kits como CacoReady.[7] Establecese ben a correlación entre a permeabilidade in vitro aparente (P¬app) nas monocapas de Caco-2 e a fracción absorbida in vivo (fa).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fogh J and Trempe G in Human Tumor Cells In Vitro (J. Fogh, ed.), Plenum, 1975, 115-141
  2. Pinto M; et al. (1983). "Enterocyte-like differentiation and polarization of the human colon carcinoma cell line Caco-2 in culture". Biol Cell 47: 323–30. 
  3. 3,0 3,1 Hidalgo IJ; et al. (1989). "Characterization of the human colon carcinoma cell line (Caco-2) as a model system for intestinal epithelial permeability". Gastroenterology 96 (3): 736–49. PMID 2914637. doi:10.1016/0016-5085(89)90897-4. 
  4. Sambuy Y; et al. (2005). "The Caco-2 cell line as a model of the intestinal barrier: influence of cell and culture-related factors on Caco-2 cell functional characteristics". Cell Biol Toxicol 21 (1): 1–26. PMID 15868485. doi:10.1007/s10565-005-0085-6. 
  5. Nauli, Andromeda M.; Whittimore, Judy D. "Using Caco-2 Cells to Study Lipid Transport by the Intestine". Jove. Consultado o 18 June 2018. 
  6. Artursson P (1990). "Epithelial transport of drug in cell culture. I: A model for studying the passive diffusion of drugs over intestinal absorbtive (Caco-2) cells". J Pharm Sci 79 (6): 476–82. PMID 1975619. doi:10.1002/jps.2600790604. 
  7. Vázquez-Sánchez, María Ángeles. "CacoReady". Readycell. Readycell. Consultado o 19 July 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artursson P, Palm K, Luthman K (2001). "Caco-2 monolayers in experimental and theoretical predictions of drug transport". Adv Drug Deliv Rev 46 (1–3): 27–43. PMID 11259831. doi:10.1016/S0169-409X(00)00128-9. 
  • Shah P, Jogani V, Bagchi T, Misra A (2006). "Role of Caco-2 cell monolayers in prediction of intestinal drug absorption". Biotechnol Prog. 22 (1): 186–98. PMID 16454510. doi:10.1021/bp050208u. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]