Brial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dama con brial

O brial[1] era un vestido de seda ou tea rica que empregaban as damas nobres da Idade Media. O brial cubría dos ombreiros aos pés, tiña mangas anchas e cinguíase polo van, deixando entrever, por unhas aberturas laterais, parte da camisa, a peza interior feminina da época.

Notas[editar | editar a fonte]