BMO Harris Bradley Center
| Datos | |
|---|---|
| Localización | |
| Arquitecto | Populous |
| Custo | $90 millóns USD |
| Inauguración | 1 de outubro de 1988 |
| Capacidade | Baloncesto: 18.717 Hóckey sobre xeo: 17.845 |
| Propietario | Bradley Center Sports and Entertainment Corporation |
| Localía | Milwaukee Bucks (NBA) Marquette University (NCAA) Milwaukee Admirals (AHL) Milwaukee Iron (AFL) |
| Eventos | |
| Frozen Four da NCAA (1993, 1997, 2006) | |
O BMO Harris Bradley Center é un pavillón multiusos que se atopa na localidade estadounidense de Milwaukee, no estado de Wisconsin. É a cancha de xogo dos Milwaukee Bucks da NBA, os Milwaukee Admirals da AHL e o equipo masculino dos Marquette Golden Eagles, da Universidade de Marquette.
Índice |
Historia [editar]
O pavillón terminouse de construír en 1988, cun custo total de 90 millóns de dólares. Veu a substituír ao MECCA Arena (actualmente denominado O.S. Cellular Area), que foi construído en 1950. Foi un agasallo ao Estado de Wisconsin por parte dos filántropos Jane Pettit e Lloyd Pettit en memoria do pai de Jane, Harry Lynde Bradley. Na actualidade é o terceiro estadio máis vello dos que actualmente albergan partidos da NBA, por detrás do Madison Square Garden e do Continental Airlines Area.
A construción dun novo estadio de última xeración foi proposto polo dono dos Bucks, o Senador Herb Kohl, mais a reacción da comunidade para a construción deste novo recinto con fondos públicos foi maiormente negativa. En 2009, o gobernador de Wisconsin Jim Doyle incluíu unha disposición nos orzamentos da capital buscando 5 millóns de dólares do estado para renovar o Bradley Center. Con todo, os directores do Bradley Center dixeron aos funcionarios estatais que o pavillón necesitaría 23 millóns de dólares en renovacións, polo que accedeu a aumentar os restantes 18 millóns pola súa conta.
O 21 de maio de 2012, o propietario Herb Kohl e representantes do BMO Harris Bank anunciaron que o banco adquiriu oficialmente os dereitos do nome do Bradley Center, pasándose a chamar "BMO Harris Bradley Center".[1]
Capacidade [editar]
O pavillón ten unha capacidade de 20.000 persoas para concertos, 18.717 para partidos da NBA, 19.000 para partidos universitarios e 17.845 para o hockey sobre xeo.
Eventos [editar]
O Bradley Center albergou a frozen four (o equivalente á final four de baloncesto) da competición de hockey sobre xeo da NCAA en 3 ocasións, en 1993, 1997 e 2006. Ademais, nel disputáronse numerosas veladas de Wrestling (loita libre profesional).
Notas [editar]
- ↑ Walker, Don (21 de maio de 2012). "Naming Rights for Bradley Center Sold to BMO Harris". Milwaukee Journal Sentinel. http://www.jsonline.com/news/milwaukee/naming-rights-for-bradley-center-sold-to-bmo-harris-ud5g5oi-152280455.html?page=1#!page=1&pageSize=10&sort=newestfirst. Consultado o 21 de maio de 2012.