Batalla de Arinnanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Arinnanda foi unha loita entre o Imperio Hitita e o Reino de Arzawa nunha data incerta entre 1325 a. C. e 1315 a. C., no cuarto ano do reinado de Mursilis II.[1]

Arinnanda era un monte situado nalgunha illa en fronte de Apasa (Éfeso). Alí fixéronse fortes os opositores á conquista hitita de Arzawa (sobre -1325/-1315). Como non se podían usar carros, a infantaría hitita subiu as primeiras estivacións da montaña e bloqueou aos que resistían na zona máis inaccesíbel; estes, sen comida nin auga, entregáronse en poucos días. Mursilis II di que fixo máis de quince mil prisioneiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. W. Chavalas, Mark (2006). Ancient Near East: Historical Sources in Translation. Wiley. ISBN 9780631235804.