Baixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Na operación do Desembarco de Normandía producíronse numerosas baixas.

Unha baixa é unha persoa vítima dun accidente, lesión ou trauma. A palabra baixas utilízase sobre todo nos medios de comunicación para describir as mortes e lesións provocadas por unha guerra ou desastre.[1] O público xeral confunde ás veces o termo baixa co de vítima mortal (morto), pero as lesións non letais tamén son baixas.

No seu uso militar, as baixas teñen ás veces un significado máis específico, e fan referencia a todas as persoas perdidas para o servizo militar, o que inclúe os mortos en combate, mortos por enfermidade, incapacitados por lesións físicas ou mentais, capturados, desertados e desaparecidos. As feridas menos serias que non impiden a unha persoa combater non se adoitan contar como baixas. A suma das baixas coñécese como conta de baixas.

Antes da segunda guerra mundial, as mortes por enfermidade adoitaban superar ás mortes en combate. Historicamente, o 20-30% dos alcanzados en combate morrían mentres que o resto sobrevivía. Isto é, a proporción de feridos e mortos era de 3 a 1.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]