Astro-200

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «BCP-100»)

Astro-200, tamén coñecido como SIV (acrónimo de Standard Interface Vehicle) e como BCP-100, é un Bus construído pola empresa AeroAstro.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Astro-200 é un bus que permite usar un módulo separable para a integración en paralelo co bus para acelerar os tempos de lanzamento e reducir os riscos técnicos. Usa unha interface estándar para acomodar cargas variadas que poden ser lanzadas a órbitas baixas, de entre 400 e 850 km de altura e tempos de vida de ata un ano. A orixe do bus ten lugar principalmente no contrato de AeroAstro para construír o satélite STPSat-1, para o cal se deseñou expresamente. Despois foi usado por STPSat-2 e STPSat-3, así como polo satélite GPIM.

Satélites co bus Astro-200[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Wade (2022). "Astro-200" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2022. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "AeroAstro: Astro-200 / Ball: BCP-100" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2022.