Axuda:Libros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libros con contido de Wikipedia impresos por PediaPress.

A ferramenta de creación de libros é unha funcionalidade que che permite crear libros dixitais, en formato PDF, cos artigos da Wikipedia e, se así o desexas, imprimilos a través de PediaPress.

Guía paso a paso[editar | editar a fonte]

Paso 1 - Engadir páxinas ó libro[editar | editar a fonte]

Paso 1 - Engadir páxinas ó libro.

Na sección «Crea un libro» da columna esquerda de navegación, hai dúas ligazóns: «Engadir esta páxina» e «Axuda de libros» (véxase a figura 1). Facendo clic en «Engadir esta páxina», poderemos engadir o artigo no que estamos navegando á nosa colección. Para engadir máis páxinas podes navegar polas que desexes engadir ó libro e facer clic de novo en «Engadir esta páxina». Podes tamén engadir tódalas páxinas nunha categoría cun tecleo. O número de páxinas no libro móstrase no menú á esquerda e actualízase automaticamente.

Paso 2 - O título do libro[editar | editar a fonte]

Paso 2 - O Título do libro.

Unha vez que engadas tódalas páxinas que desexes, segue a ligazón «Mostrar libros» para revisar o teu libro. Alí podes engadir un título ó libro, aínda que isto é opcional. Ademais pódese cambiar a orde das páxinas no libro (véxanse os detalles de como facer isto na sección «Opcións avanzadas»).

Paso 3 - Descargar ou solicitar a impresión[editar | editar a fonte]

Unha vez rematado o libro pode descargarse ou solicitarse en forma de libro. Podes descargar o libro en formato PDF e en formato OpenDocument (visíbeis utilizando o software de OpenOffice.org), facendo clic no botón "Descargar" (véxase a figura 3). Para pedir o libro en forma de libro fai clic no botón "Solicitar un libro PediaPress». Pódese obter máis información sobre os libros impresos no FAQ.

Opcións avanzadas[editar | editar a fonte]

Cambiar de lugar as páxinas do libro

Para cambiar de lugar as páxinas do teu libro só tes que mover as páxinas na lista titulada «Libro». Para iso, fai clic sobre a páxina que queiras mover, e arrastra a páxina á súa nova posición na lista. Solta o botón do rato e a páxina quedará situada. Tamén podes ordenar automaticamente o libro en orde alfabética.

Gardar e compartir os teus libros con outros

Podes compartir e gardar os teus libros con outros usuarios (só para usuarios rexistrados). En «Libro», na parte de abaixo á dereita, di «Gardar e compartir libro»; alí elixes onde gardar o teu libro.

Información adicional

A información adicional sobre as características dos libros pode atoparse en a axuda para usuarios expertos. Esta páxina ten como obxectivo explicar como crear, gardar e compartir un libro.

Impresión dos libros por PediaPress[editar | editar a fonte]

Facendo clic en «Solicitar impresión a PediaPress», a túa colección de artigos pode imprimirse como libro encadernado. Enviaráseche á páxina web de PediaPress, un servizo que imprime os libros baseados en contido wiki. A información adicional sobre os libros impresos, incluíndo o prezo e o formato, pode atoparse na páxina FAQ de meta.


Frecha. Volver á páxina de axuda.