Axuda:Introdución ás referencias con Editor Visual/2
Verificabilidade
Engadir referencias
Editar referencias existentes
Reusar referencias
Fontes fiables
Resumo
|
Hai dúas formas sinxelas de crear unha nova referencia: Automático, inserindo unha URL, ou Manual, enchendo un modelo no que se engade a información.
A opción automática é a máis doada. A miúdo, Wikipedia pode autoformatar unha cita se inserimos a URL do sitio web e prememos en "Xerar". Bote unha ollada á cita que xera. Para aceptar a acción, premer en "Inserir". Pode modificar os detalles se hai algo mal, por exemplo a data de publicación, premendo en "Editar".
Para introducir manualmente a información sobre unha referencia, prema na pestana "Manual" do cadro de diálogo. A continuación, seleccione o tipo de referencia que desexa engadir e encha o maior número de campos posible. Ás veces a referencia que desexa engadir non pertence a ningunha destas categorías (por exemplo, talvez queira citar un discurso). Neste caso, pode introducir a información manualmente utilizando "Forma básica". Finalmente, para que as referencias se visualicen todas xuntas, hai que engadir unha sección Notas ó final do artigo. Nesa sección simplemente hai que engadir o compoñente Lista de referencias que se atopa no menú en Inserir -> Máis -> Lista de referencias.
|