Axuda:Fusionar páxinas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na wikipedia, a fusión de páxinas é un proceso mediante o que se unen manualmente dúas páxinas semellantes ou redundantes nunha soa. O resultado final é un único artigo que reúne toda a información e para o que apunta, como redirección, a outra páxina.
Habitualmente resulta obvio cando convén fusionar dúas páxinas, como por exemplo disartria e disartría, polo que este é un proceso que pode iniciar calquera usuario. Se se teñen dúbidas pódese consultar á comunidade primeiro na páxina de discusión dos artigos ou, se se pensa que pode haber unha política decidida, na Taberna. É típico, por exemplo, dubidar acerca de cal deberá ser o título final do artigo que quede.
[editar] Como fusionar páxinas
A fusión de artigos duplicados é unha acción normal de edición, algo que pode facer calquer editor e que, polo tanto, non é preciso submeter debate, excepto se se intúe que pode ser unha medida controvertida.
Se un non se considera capacitado para fusionar dúas páxinas (porque, por exemplo, non se considere experto na materia) pode anunciar que hai que fusionar dúas páxinas. Utilízanse os marcadores seguintes:
- {{fusión}} [[artigoQueVaiQuedar]] no artigo que vai desaparecer e
- {{fusióndesde}} [[artigoQueVaiDesaparecer]] no artigo que vai quedar
e aparecen as seguintes mensaxes predefinidas:
|
|
|
|
no artigo que vai desaparecer |
|
no artigo que vai quedar |
A continuación convén anuncialo en Wikipedia:Artigos duplicados.
Cando se estea a aproveitar o material dunha páxina para a de destino, hai que sinalar no resumo da edición que se "fusiona contido procedente de artigoQueVaiDesaparecer. Este paso é un requisito da GFDL.
No artigo de orixe débese eliminar todo o texto e substituilo por #REDIRECT [[artigoQueVaiQuedar]] {{fusiónHistoriais}}. A continuación será un administrador quen deberá fusionar os historiais das páxinas. Precisamente o marcador {{fusiónhistoriais}} coloca o artigo que vai desaparecer na categoría Category:Limpar, chamando así a atención dos administradores.

