Axuda:Dif

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na Wikipedia e en MediaWiki coñécese como un dif a unha páxina web, ou o seu URL, que mostra as diferenzas entre dúas versións dun mesmo artigo.

Como obter un dif[editar | editar a fonte]

Para obter un dif, vai ó historial do artigo en cuestión (pestana «Ver o historial» na parte superior do artigo). No historial despréganse as últimas cincuenta edicións do artigo (podes elixir ver máis de cincuenta edicións ou ver edicións anteriores), indicando a data e hora e o autor da edición.

Pulsando a data pode verse o estado do artigo tras esa edición específica.

Na páxina de historial, antes da data hai dous botóns de selección. Na primeira columna selecciona unha edición e na segunda columna selecciona outra edición. Logo, pulsa o botón «Comparar as versións seleccionadas» e obterás un dif coas diferenzas entrambas edicións.

Os dif son navegables. Pódense así ver os cambios da seguinte ou a anterior edición. Nótese que por medio da páxina de historial poden verse difs de máis dunha edición á vez, pero ó navegar con «seguinte edición» e «anterior edición», obsérvase unha soa edición ó tempo.

Outra forma de obter un dif é navegando pola lista de seguimento, as páxinas de cambios recentes ou as contribucións dun usuario e, ante unha edición, pulsar a ligazón dif.

Como se mostra un dif[editar | editar a fonte]

Como crear unha ligazón a partir do dif[editar | editar a fonte]

Para crear unha ligazón co dif, unha vez que navegases até atopar a páxina de diferenzas que mostre a edición correcta, copia o URL desa páxina.

Esta verase algo así como: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario%3AExemplo&diff=1700194&oldid=1700187

Para crear a ligazón, pecha o URL entre corchetes e asígnalle un texto do seguinte modo:

[http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario%3AExemplo&diff=1700194&oldid=1700187 (dif)]

Isto dá como resultado a seguinte ligazón:


Frecha. Volver á páxina de axuda.