Athena
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Athena foi unha familia de foguetes de propelente sólido construídos con capital privado e deseñados para poñer en órbita diferentes cargas. O nome orixinal dos foguetes foi LMLV (acrónimo de Lockheed-Martin Launch Vehicle) e LLV (Lockheed Launch Vehicle). Foron retirados do servizo tras non dar os beneficios esperados.[1]
Construíronse dúas versións do foguete, correspondentemente denominados Athena 1 e Athena 2. Planeouse unha versión maior denominada Athena 3, pero tra-la cancelación do proxecto nunca foi construída.[1]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Athena" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/fam/athena.htm. Consultado o 10 de abril de 2012.