Atenodoro, bispo de Bizancio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atenodoro (grego: Αθηνόδωρος), tamén coñecido como Atenóxenes (grego: Αθηνογένης), foi Bispo de Bizancio desde 144 ata 148. Durante o seu reinado, que foi o momento en que a cidade foi administrada por Zeuxipo, houbo un considerábel aumento da poboación cristiá. Atenodoro encargou a construción dunha segunda catedral en Elaea, que logo foi renovada polo emperador Constantino I, que desexaba que o enterrasen nela. Finalmente non o enterraron alí, pois considerouse impropio dun emperador ser enterrado fóra de Bizancio. A catedral foi dedicada aos martirios de Eleazar e dos sete nenos narrada en II Macabeos.



Predecesor:
Policarpo II
Bispo de Bizancio
144 - 148
Sucesor:
Euzoio

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]