Ascensores de Txurdinaga-Basarrate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°15′02″N 2°54′35″O / 43.250662070046, -2.9098414270602

Ascensores de Txurdinaga-Basarrate.

Os ascensores de Txurdinaga-Basarrate son dous ascensores situados na rúa Marqués de Laurencín, en Bilbao.

Historia[editar | editar a fonte]

O Concello de Bilbao inaugurounos o 12 de decembro de 2018. Estes ascensores inclinados conectan en Santutxu o polideportivo de Txurdinaga coa parque de Basarrate e salvan a diferenza de altura entre as rúas Cocherito de Bilbao e Iturriaga:[1]

  1. O ascensor superior inicia o percorrido na rúa Iturriaga. Chega até a intersección da rúa Marqués de Laurencín coa rúa Guinea Anselmo Pintor. Conta cunha parada intermedia.
  2. O ascensor inferior sitúase do lado dos números impares da rúa Guinea Anselmo Pintor, no cruzamento coa rúa Marqués de Laurencín, até o cruzamento coa rúa Cocherito de Bilbao.

Medios de transporte[editar | editar a fonte]

Xunto o ascensor superior atópanse o elevador e o acceso principal á estación de Basarrate do Metro de Bilbao.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dos nuevos ascensores conectan el polideportivo de Txurdinaga y Basarrate". Deia (en castelán) (Bilbao). 12 de decembro de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]