As Nosas
As Nosas | |
---|---|
Tipo | Información deportiva |
Fundación | 9 de xaneiro de 2020 |
Empresa editora | Ártabra Comunicación |
Lingua | galego |
Ámbito | Galicia |
Periodicidade | diario |
As Nosas é un xornal dixital de información deportiva e de ámbito galego dirixido pola xornalista Silvia Carregal (A Coruña, 1973) e cun equipo conformado por tres redactores (Patri Campos, Iago Cerezuela e Carolina Regueira).[1] Ademais, conta co reforzo dos departamentos de deseño, fotografía, edición audiovisual e redacción de Ártabra Comunicación,[2] empresa editoria de As Nosas.
Naceu a comezos de 2020 «para darlle o protagonismo que a muller no deporte en Galicia reclama e merece». Desde a súa liña editorial, pretende achegar unha visión de xénero que fomente na sociedade valores de igualdade, sororidade, respecto, superación, e competitividade sa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nace 'As Nosas' para dar voz ao deporte feminino galego". Consultado o 2020.
- ↑ "Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego". Consultado o 2020.