Arnold Dashefsky
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arnold Dashefsky, nado en 1942, é un sociólogo estadounidense, director do Centro de Estudos Xudaicos e Vida Xudía Contemporánea da Universidade de Connecticut.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou nas universidades de Temple e Minnesota nos Estados Unidos e na Universidade Hebrea de Xerusalén. Profesor de universidade desde 1964 Dashefsky é profesor de socioloxía na Universidade de Connecticut. Publicou varios libros sobre identidade xudía, familia, inmigración e etnicidade, foi un dos fundadores en 1971 Asociación para o Estudo Científico do Xudaísmo da que foi tamén presidente (1990-1996). Desde 2004 é director do Mandell L. Berman Institute – North American Jewish Data Bank.
Obra [editar]
- Ethnic Identification Among American Jews, con Howard M. Shapiro (1974)
- Jewish Choices: American Jewish Denominationalism, con B. Lazerwitz , J.A. Winter and E. Tabory (1998)
- Americans Abroad: A Comparative Study of Emigrants from the United States , con J. De Amicis , B. Lazerwitz e E. Tabory (1992)
- Charitable Choices: Philanthropic Decisions of Donors in the American Jewish Community , con Bernard Lazerwitz (2009)