Ardmolich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A ponte vella, xa sen uso, sobre o río Mùideart.

Ardmolich é unha aldea do oeste de Escocia, pertencente á área municipal da Terra Alta.

Localización[editar | editar a fonte]

Ardmolich pertencía antigamente ao condado de Lochaber, situado ao sur da Terra Alta. Cruzada polo río Mùideart, é a última aldea antes da formación da ría de Mùideart, no final do val homónimo. Está ao pé da estrada A861, que comunica Inchree con Mallaig.

Está practicamente deshabitada dende hai máis dun século, e a súa poboación estábel non chega ás 20 persoas. A finais do século XIX en todo o val non había máis ca 243 persoas, das que falaban gaélico escocés o 90% [1].

Historia e cultura[editar | editar a fonte]

Nas proximidades de Ardmolich atópase, dunha ribeira do río, o bosque protexido de Ardmolich, e da outra, os sete homes de Moidart, un monumento natural destinado a conmemorar os sete mariñeiros da contorna que acompañaron o desembarco do pretendente príncipe Carlos en Glenfinnan, a unhas poucas millas ao norte de Ardmolich. O monumento dos sete homes de Moidart estaba formado no seu comezo, a principios do século XIX, por sete faias, das que na actualidade só quedan cinco e en mal estado de conservación.

As terras de Ardmolich pertencían aos clans dos MacMaster e dos MacDonald.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gàidhlig Local Studies. Vol.01 Àird nam Murchan & Loch Abar an lar. Kurt C. Duwe. 2005