Arahati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arahati foi un reino de Siria, vasalo de Exipto no século –XV, que estaba situado preto de Niya, ao sur de Alepo.

Historia[editar | editar a fonte]

Sobre a metade do século –XIV foi deposto o rei Akiya. Obtivo a alianza do rei Aki-Tesup de Niya e dos príncipes vasalos deste rei Hesmiya, Habahi, Birriya e Nirwabi, e todos xuntos recuperaron Arahati. O prezo establecido era a entrada de Akiya na coalición contra os hititas. Pero o rei hitita Suppiluliumas I derrotou aos coligados e fixo prisioneiros a todos os xefes, aos que levou cara a Hatti cando volveu. O reino desapareceu dentro do Reino de Khalap, creado para un fillo do rei hitita.