Antonio Fernández López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Fernández López.

Antonio Fernández López, nado en Lugo en 1903 e falecido en 1971, foi un empresario e filántropo galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Foi un dos catro fillos de Antón de Marcos, o empresario sarriao Antonio Fernández, xunto cos seus irmáns Xosé, Manuel e Conchita. Estudou para ser enxeñeiro de camiños, pero trala guerra civil española sufriu represalias polo seu compromiso nacionalista e republicano, prohibíndoselle exercer como enxeñeiro[1].

Foi o creador de numerosas empresas, entre as que se atopan Zeltia en 1939, Frilugo en 1941, Transfesa en 1942, Antibióticos S.A. en 1949, Frigsa en 1951, Cementos Oural (máis tarde Corporación Noroeste) en 1958 e Pescanova en 1960.

Dende o punto de vista filantrópico é o creador dunha experiencia pedagóxica chamada Granxa de Barreiros en 1948, destinada a fomentar a información e capacitación do campesiñado galego. En 1950 fundou tamén o Colexio Fingoi, en Lugo, cun proxecto educativo vencellado ás ensinanzas de Francisco Giner de los Ríos e da Institución Libre de Enseñanza. Os edificios que albergan ambas as dúas institucións, ademais dun chalet que se construíu nos arredores da aldea de Fingoi, son obra do arquitecto galego Manuel Gómez Román.

Tamén participou na fundación da Editorial Galaxia en 1950, e a Fundación Penzol en 1963.

En 1971 foi nomeado fillo predilecto da provincia de Lugo.

[editar] Notas

  1. POUSA, A. Y ARIAS, V. Antonio Fernández López. Empresario, reformador e filántropo. Editorial IrIndo. Vigo, 2001.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas