Andreas Uldum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndreas Uldum
Biografía
Nacemento21 de abril de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Nuuk, Groenlandia Editar o valor em Wikidata
Ministro de Economía
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGroenlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoDemokraatit Editar o valor em Wikidata

Andreas René Uldum, nado o 21 de abril de 1979 en Qeqertarsuaq, é un músico e político groenlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en traballo social, fíxose famoso no seu país como guitarrista da banda de rock DDR, formada en 2002[1]. No ano 2007 debutou como solista co CD de música infantil, Angakkuakkatut. Membro do Parlamento desde 2009, entre 2013 e 2014 foi tamén concelleiro e vicealcalde de Sermersooq.

En 2014 o seu partido, os Demócratas, elixiuno como o seu presidente e tras as eleccións xerais dese ano converteuse en viceprimeiro ministro e ministro de finanzas.[2][3]. En novembro de 2015 anunciouse que Andreas Uldum collera unha baixa por estrés, nomeándose de forma temporal un novo ministro.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de DDR en greenlandicpopularmusic.com (en dinamarqués)
  2. "naalakkersuisut.gl". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2015. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  3. Mads Dollerup-Scheibel: Anda Uldum: The man with the key to the national coffers and the mines Nordic Labour Journal, 6 de marzo de 2015
  4. ""Mr Right Now" The Arctic Journal, 3 de novembro de 2015". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Perfil na web do parlamento (inglés)