Amenhotep

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nome Amenhotep, tamén coñecido nos textos gregos como Amenofis, Amenoftis, Ammenofis, Amofis, Amenofe, Amenemofe ou Amenemofis, pode referir a:

Un dos catro faraóns exipcios da XVIII dinastía:

  • Amenhotep I (Amenofis I), Dyeserkara Amenhotep, que reinou de c. 1525 a 1504 a. C., seguindo a estela de seu pai o rei Ahmose e cimentando o nacente Imperio exipcio.
  • Amenhotep II (Amenofis II), Aajeperura Amenhotep, que reinou durante os anos 1427 e 1401 a. C., quen, xunto a Thutmose III, levaría o país á súa máxima extensión a vitorias sen igual contra os outros reinos.
  • Amenhotep III (Amenofis III), Nebmaatra Amenhotep, que reinou entre 1390 e 1352, o faraón que tivo a honra de gobernar unha época de calma, paz e riqueza.
  • Amenhotep IV (Amenofis IV), Neferjeperura Amenhotep, ou Neferjeperura Ajenatón, que reinou entre 1353 e 1338 a. C., o fillo do anterior, máis coñecido como Akenatón.

Ou:

  • Amenhotep, fillo de Hapu, sabio exipcio que viviu durante o reinado de Amenhotep III, sendo o máximo responsable das obras arquitectónicas da época.