Almazán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Almazán

Almazán é una cidade e municipio da provincia de Soria, en Castela e León. Está situada a 32 quilómetros ao sur da capital da provincia, Soria.

[editar] Historia

En 1375, en Almazán asinouse un acordo de paz entre Castela e Aragón. Pedro IV o Cerimonioso, rei de Aragón, e Henrique II de Castela, rei de Castela.

Juan Furtado de Mendoza, en 1392 era Mordomo maior do Rei Henrique III. O Rei Henrique IV de Castela regálalle a Vila e faille señor da mesma.

A comarca estaba divida en dúas sexmos (división territorial que comprende certo número de pobos asociados para a administración de bens comúns). Había 40 pobos entre os dous sexmos; 24 en terra chaira e 16 na Serra.

A Vila estaba rexida polo Alcalde Maior; axudábanlle seis rexedores (tres da clase de Hidalgos e tres homes bos do pobo)

Almazán era un Marquesado do Conde de Altamira, sendo este un título entroncado na liñaxe dos Furtado de Mendoza.

Natural de Almazán foi Diego Laínez,(1512-1565), relixioso xesuíta español, compañeiro de san Ignacio de Loyola e sucesor seu como xeral da Compañía de Jesús, foi un dos teólogos máis influentes no Concilio de Trento. Naceu en Almazán, estudou filosofía na Universidade de Alcalá de Henares e teoloxía na de París, onde coñeceu a San Ignacio. Fixo os votos xunto con el na igrexa de Montmartre (Francia) en 1534 e foi ordenado, en 1537, en Roma. En 1545 foi enviado como teólogo pontificio ao Concilio de Trento, participando nas súas sesións ata a súa conclusión. A partir de 1556 sucedeu a San Ignacio como xeral da Compañía, á fronte da cal, en Roma, permaneceu ata o seu falecemento.

[editar] Demografía

Evolución da poboación de: Almazán desde 2000 ata 2007
2000 2001 2002 2003 2004 2007
5789 5794 5727 5755 5786 6004
Evolución da poboación de: Almazán desde

1842 ata 2007

1842

1887 1920 1960 2001 2007
2400 2707 2947 4009 5546 6004

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas