Alfonso XIII Foot-ball Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfonso XIII Foot-ball Club
Tipoclub de fútbol
Deportefútbol
Data de fundación1920
Data de disolución1941
Nomeado en referencia aAfonso XIII de España
SedePontevedra
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Alfonso XIII Foot-Ball Club foi un equipo de fútbol da cidade de Pontevedra.

Historia[editar | editar a fonte]

Partido Alfonso XIII - Acero Club de Olabeaga, 31-III-1924, no campo do Progreso[1].

Fundouse en 1920, e inscribiuse no Rexistro de Asociacións da provincia o 12 de febreiro de 1921 tras a pertinente presentación do seu regulamento. O seu uniforme era zamarra a listas brancas e vermellas e pantalón negro e xogaba os seus encontros como local no Campo do Burgo. O club militou na Serie B do Campionato de Galicia, e ao longo da década de 1921-30 foi tres veces campión da Serie B.

Coa chegada da Segunda República Española no ano 1931 o club cambia o seu nome polo de Pontevedra Sport Club. Co comezo da guerra civil española suspendéronse as competicións oficiais, aínda que en Galicia seguiu celebrándose con normalidade o Campionato Galego e o equipo pontevedrés seguiu en activo e se reorganizou tralo remate da contenda. Pasou a competir na Segunda Categoría do Campionato Galego en 1939/40 e estreouse na categoría rexional da liga española en 1940/41, quedando 3º no Grupo Sur galego tras Club Vigués e Club Arosa.

A comezos de 1941, en aplicación do decreto gubernativo de prohibición de nomes de orixe estranxeira nos rótulos e negocios, a FEF obrigou aos clubs que tivesen termos desas características (Sporting, Foot-Ball Club, Racing, Athletic, Sport Club, Sportivo/a, Stadium, etc.) a trocalos antes do 1 de febreiro de 1941 baixo pena de sanción. O club alfonsista, dese modo, pasou a chamarse Alfonso XIII Club de Fútbol.

Na cidade de Pontevedra tamén existía outro club, o Eiriña CF, que nacera en 1921, pouco despois do Alfonso XIII. O cadro eiriñista competía case sempre en Primeira Categoría do Campionato de Galicia xunto aos grandes do país (Celta, Deportivo da Coruña e Racing de Ferrol). Dese xeito, o equipo alfonsista foi o "segundo" da cidade dado que o Eiriña tiña un maior nivel deportivo.

O 16 de outubro de 1941 levouse a cabo a fusión dos dous equipos para dar lugar ao actual Pontevedra CF, cun uniforme granate con pantalón branco como indumentaria (o pantalón logo pasou a ser azul). Fernando Ponte Conde foi o primeiro presidente da nova entidade.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Alfonso XIII vence al Acero". El Pueblo Gallego. 1 de abril de 1924. p. 12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Historia do Pontevedra CF