Alexandre III de Bizancio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alexandre III.
Alexandre III, nado no ano 870 e finado no 913, foi un emperador bizantino, fillo do emperador bizantino Basilio I e irmán de León VI o Sabio.
Alexandre fora nomeado coemperador durante o reinado do seu irmán León VI. Trala morte de León en 912, Alexandre converteuse en emperador e rexente do fillo de León, Constantino. O seu reinado foi moi breve, pois mentres os búlgaros empezaban a prepararse para a guerra contra o Imperio, Alexandre morreu en 913. No seu leito de morte nomeou a Constantino como herdeiro, que pasaría a ser Constantino VII.
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: León VI o Sabio |
Alexandre III de Bizancio | Precede a: Constantino VII |
| Dinastía Macedonia | ||