Albarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burro con albarda.

A albarda é un aparello utilizado nas cabalerías de carga consistente principalmente en dúas almofadas feitas de liño ou arpilleira e cubertas con coiro, normalmente recheas de palla ou algún outro material brando como a seda, que se colocan sobre o lombo das cabalerías e que se cinguen por baixo da barriga por medio de cinchas e á que se lle dá solidez con paos coñecidos como fueiros. Ten como función evitar que o animal se fira ao transportar mercadorías ou persoas, as destinadas ao transporte de persoas son máis lixeiras cás destinadas ao transporte de mercadorías. O albardeiro é o encargado de elaborar e arranxar as albardas.