Airbag (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Airbag (película)")


Airbag
Título orixinal Airbag
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Juanma Bajo Ulloa
Produtor Iñaki Burutxaga e Adrian Lipp
Guión Juanma Bajo Ulloa e Karra Elejalde
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Karra Elejalde (Juantxo), Fernando Guillén Cuervo (Konradín), Alberto San Juan (Paco), Manuel Manquiña (Pazos), Maria de Medeiros (Fátima do Espírito Santo), Francisco Rabal (Villanbrosa), Rosa María Sardà (Aurora), Luis Cuenca (Souza), Pilar Bardem (dona do club de alterne), Karlos Arguiñano (don Serafín), Albert Pla (cura alternativo), Vicenta N Dongo (Vanessa), Raquel Meroño (Araceli), Fernando San Segundo (Touriño), Aitor Mazo (Pintinho)
Música Bingen Mendizábal
Fotografía Gonzalo F. Berridi
Montaxe Pablo Blanco
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Hoil Bros.
Ano 20 de xuño de 1997
Duración 85 minutos
País España España
Xénero comedia
Orzamento
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Airbag é unha película española do ano 1997 dirixida por Juanma Bajo Ulloa. Entre os seus protagonistas está o actor galego Manuel Manquiña, que recibiu varios recoñecementos polo seu traballo neste filme, entre eles o Premio Goya ó mellor actor revelación.

[editar] Argumento

Aviso: esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

O punto de partida é o dunha despedida de solteiros, unha borracheira estúpida, unha visita a un club de alterne, un ferrete atravesado, un anel que se esquece nun escuro lugar e a necesidade de recuperalo. Todo isto pon en marcha un desfile de mafiosos e narcotraficantes, de chulos e pistoleiros, de tramas internacionais e duns "nenos ben" que vivirán a aventura das súas vidas.

[editar] Comentarios

É "unha película golfa, vándala e un pouco lercho", e ten razón. Xurdida da imaxinación de Karra Elejalde e Fernando Guillén Cuervo, filla do delirio e o exceso, definida como unha fábula moral chea de inmoralidades, "Airbag" leva consigo o xerme da controversia e da provocación. Basicamente estruturada como unha road movie, a súa historia crece como unha espiral de tolemia e sorpresas.

[editar] Palmarés cinematográfico

  • 2 Goya na 12ª edición á mellor montaxe e efectos especiais; nominación ó mellor actor revelación (Manuel Manquiña).
  • Nominada ós Premios 1997 do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) á mellor montaxe e Gimeno-Revelación (Manuel Manquiña).
  • Nominación ó Premio da Unión de Actores ó mellor actor revelación (Manuel Manquiña)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas