Aharón ben Elia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1328 O Cairo |
Morte | 1369 (Gregoriano) (40/41 anos) Constantinopla |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Ocupación | teólogo , rabino |
Aharón ben Elia, nado no Cairo ca. 1300[1] e finado en Constantinopla en 1369, foi un teólogo caraíta.
Obra[editar | editar a fonte]
Influenciado pola obra de Aristóteles e polo sistema filosófico islámico do kalam, escribiu Etz Hayyim (1346), que é un contrapunto a Maimoides onde defende fervorosamente o atomismo kalamita, alegando que é consistente coa Biblia e polo tanto de orixe xudía e mais é a base da realidade científica. En Gan Eden (1354) explora os principios da lei caraíta e Keter Torah (1362) é un comentario do Pentateuco.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ [LASKER, Daniel ( 2008) From Judah Hadassi to Elijah Bashyatchi: Studies in Late Medieval Karaite Philosophy. Leiden:BRILL, p. 69]