Agripina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agripina é un antropónimo feminino (Agripina (antroponimia)) e pode referirse a:
- Vipsania Agripina, filla de Agripa e a primeira dona do emperador Tiberio.
- Vipsania Marcela Agripina, filla de Agripa por parte da súa segunda dona, Claudia Marcela, e dona de Publio Quintilio Varo.
- Vipsania Xulia Agripina, filla de Agripa e neta de Augusto, quen a educou na súa propia casa.
- Agripina a maior, nome co que se coñecía a Xulia Vipsania Agripina, esposa de Xermánico e nai do emperador Calígula.
- Agripina a menor, nome co que era coñecida Xulia Vipsania Agripina, filla da anterior, irmá de Calígula e nai de Nerón;
- Santa Agripina, Virxe e mártir católica.
Outros usos:
- Agrippina, coa grafía latina, é o nome dunha ópera de George Frideric Händel.
- O asteroide 645 recibe a denominación de Agrippina.
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. |